Inicio Carballo ao día Novas A Concellaría de Cultura difunde as obras...

A Concellaría de Cultura difunde as obras dos escritores locais nos centros de ensino

Martes 21 de xuño do 2022 Lingua

Como cada ano por estas datas, a Concellaría de Cultura vén de facer entrega nos distintos centros educativos do noso concello dun lote de libros de autores e autoras locais. Dende o Concello de Carballo queremos apoiar a creación local, e por iso cada ano enviamos aos colexios e institutos unha selección das obras máis recentes dos escritores carballeses e bergantiñáns para que as incorporen aos fondos das súas bibliotecas.

Ademais da promoción da literatura dos nosos creadores, o Concello de Carballo tamén traballa de maneira continuada na difusión do libro e da lectura a través de iniciativas como a Semana do Libro e a Lectura o a próxima Praza dos Libros, xunto con actividades moi diversas que se desenvolven ao longo de todo o ano nas bibliotecas municipais.

Compartir: