Inicio Carballo ao día Novas A campaña de roza intensifícase no...

A campaña de roza intensifícase no inicio do verán coa incorporación de dous tractores na zona costeira

A empresa que complementa o traballo do persoal municipal empezou a traballar hoxe pola zona de Leira

Luns 20 de xuño do 2022

A roza de vías comezou pola parroquia de Carballo

A roza de vías comezou pola parroquia de Carballo

O 1 de xuño empezou a campaña anual de roza das vías municipais. Con máis de 1.200 quilómetros de pistas e a necesidade de concentrar os labores de limpeza nos meses de verán para que sexa máis efectiva, a roza convértese entre os meses de xuño e outubro nunha tarefa contra-reloxo.

Nestes momentos a zona urbana está practicamente lista, o que permitirá aos equipos municipais comezar a traballar na zona rural. Os labores concentraranse na zona do interior, porque na costa empezaron hoxe a rozar outros dos tractores da empresa Jardincelas, adxudicataria do contrato para reforzar o servizo. Neste caso as tarefas arrincaron por Leira e continuarán nas vindeiras semanas por todo o litoral.

A empresa asume a roza de 270,5 quilómetros de vías. O contrato inclúe tamén as contornas de postes, báculos de luminarias, contedores de lixo ou calquera outro elemento singular, así como a limpeza manual onde non sexa posible utilizar medios mecánicos.

Para os labores de roza, o Concello de Carballo conta tamén con outra empresa que se encarga dos espazos de uso público: paseo do Anllóns, contorna do cemiterio municipal, aparcamentos das praias, zonas verdes, campos da festa, etc.

Compartir: