Inicio Carballo ao día Avisos Actos relixiosos das festas de San Xoán

Actos relixiosos das festas de San Xoán

Luns 20 de xuño do 2022

Estes son os actos relixiosos organizados pola parroquia de San Xoán Bautista, coa colaboración da comisión de festas, para os vindeiros días.

  • Venres 24 / 12.30 horas. Misa solemne, cantada pola Coral de Bergantiños, coa tradicional ofrenda do alcalde ao patrón San Xoán Bautista. De seguido, procesión acompañada pola Banda de Música do CMUS Carballo.
  • Sábado 25 / 12.30 horas. Misa do Santísimo Sacramento, cantada pola Coral de Bergantiños. De seguido, procesión polas rúas Coruña, Gran Vía, Cervantes, Valle Inclán, Vázquez de Parga, Camiño Novo, Praza de Praza de Galicia e Martín Herrera, con paradas nos tres altares habituais e o acompañamento da Banda das Pontes. O lanzamento das bombas de palenque da procesión será este ano unha lembranza para todos os países nos que hai guerras e un chamamento á paz no mundo.
  • Domingo 26 / 12.30 horas. Misa na honra da Virxe do Carme, cantada pola Coral de Bergantiños. De seguido, procesión acompañada pola Banda Municipal de Gaitas.
  • Luns 27 / 20.30 horas. Misa na honra do Perpetuo Socorro.

Compartir: