Inicio Carballo ao día Avisos Cambios no tráfico e nos aparcamentos...

Cambios no tráfico e nos aparcamentos durante as festas de San Xoán

Xoves 16 de xuño do 2022

A celebración do San Xoán implica unha serie de cambios tanto no tráfico coma nos aparcamentos. Por unha banda, a Policía Local modificará as pautas de circulación habituais nun total de 12 rúas coincidindo coas procesións relixiosas, entre elas a Gran Vía, á altura da rúa do Sol, e a praza de Galicia.

Así mesmo, a partir das 22.00 horas quedará pechada a rúa Estrela. Na zona dos Baños Vellos, a veciñanza xa pode volver a acceder aos garaxes nas rúas afectadas polas obras de reurbanización en marcha.

Ademais, toda a contorna da Praza do Concello, que inclúe as rúas Cervantes, Colón, Desiderio Varela e Coruña, estará pechada ao tráfico durante as festas para facilitar o tránsito peonil.

En canto aos aparcamentos, para facilitar o seu uso tanto por parte da veciñanza coma das persoas que nos visitan, a Zona Azul quedará sen efecto durante toda a Semana Grande, do 20 ao 26 de xuño.

A Policía Local pide desculpas de antemán á veciñanza polas molestias que poida ocasionar o peche de rúas e convida a comunicar calquera anomalía que poida detectarse ben chamando á Policía Local aos números 092 ou 981 701 722, á Garda Civil ao 981 704 065 ou ao 112.

Compartir: