Inicio Carballo ao día Avisos Prazos de inscrición na Escola Oficial de...

Prazos de inscrición na Escola Oficial de Idiomas de Carballo

Venres 10 de xuño do 2022

Toma nota dos prazos de matrícula na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo:

  • Aberto prazo de inscrición nas probas de clasificación para acceder a un nivel superior ao que dá dereito a titulación no caso de ter coñecementos previos da lingua na que se queren matricular por primeira vez. Prazo: 6 - 20 xuño. Inscrición en liña na páxina web da EOI.
  • Prazo de matrícula para alumnado apto na convocatoria ordinaria: 20-30 xuño (en liña)
  • Prazo de matrícula para alumnado apto, non apto ou non presentado na convocatoria extraordinaria: 1-7 xullo (en liña)
  • Preinscrición (solicitude de praza para alumnado novo, é decir, non matriculado na EOI no curso 2021-2022: 27 xuño - 10 xullo (en liña)
  • Matrícula para cursos monográficos de conversa en francés e inglés: matrícula directa a través da web a partir do 27 de xuño. Hai cursos monográficos de conversa de francés (nivel B1 e nivel C1, impartidos por Isabel Rama) e de inglés ((nivel C1, impartido por Javier Tosar). Debido á gran demanda recoméndase realizar a matrícula canto antes.

Ligazóns

Compartir: