Subvencións a entidades sen fins de lucro para a utilización das TIC co alumnado con necesidades educativas especiais
Mércores 25 de maio do 2022 Benestar
Convocatoria 2021-2022
Extracto da Resolución do 20 de maio de 2021, da Secretaría de Estado de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan subvencións a entidades privadas sen fins de lucro para a realización de actuacións dirixidas a favorecer a utilización das tecnoloxías da información e da comunicación por parte do alumnado que presente necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade durante o curso escolar 2021-2022. (BOE nº 125 do 26/05/2021)
Beneficiarias
Entidades sen ánimo de lucro, radicadas en España que teñan un ámbito de actuación estatal ou que implique máis dunha comunidade autónoma.
Contía
Ata 30.000 euros.
Documentación
Solicitude online
- Estatutos da entidade solicitante nos que se acredite a ausencia de fins de lucro, o seu ámbito de actuación e a súa finalidade educativa.
- Cédula de identificación fiscal.
- Documentación acreditativa do poder de representación da persona firmante da solicitud, inscrito no rexistro de asociacións.
- Declaración do responsable da entidade na que conste se recibe ou solicitou axudas para a realización do proxecto.
- Certificacións acreditativas de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Declaración asinada polo representante legal da entidade de non ter obrigas por reintegro de subvención (anexo III).
- Declaración (anexo IV) de non atoparse incurso nas circunstancias que impiden obter a condición de beneficiario.
En cualquera das dependencias contempladas no artigo 16.4 da Ley 39/2015, de 1 de outubro, do Procedimento Administrativo Común das Administracións Públicas. Consulta as oficinas de rexistro
Prazo de presentación
Quince días hábiles a partir do dia seguinte ao da publicación do extracto no BOE. Ata as 14:30 h. do 10 de xuño de 2022.