Inicio Carballo ao día Novas Axudas para o alumnado con necesidade...

Axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo

Mércores 25 de maio do 2022 Benestar

Extracto da Resolución do 13 de maio de 2022, da Secretaría de Estado de Educación, pola que se convocan axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2022-2023. (BOE nº 118 do 18/5/2022)

OBXECTO

Convocar, para o ano 2022-2023 as seguintes axudas individualizadas para alumnos con necesidades educativas especiais:

  1. Axudas directas para o alumnado. incluíndo aos afectados por TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividad) que requira por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta. Tamén poderán ser beneficiarios de axudas directas os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista) non incluídos no parágrafo anterior e que requiran estes apoios e atencións educativas específicas.
  2. Subsidios por necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas. Tamén poderán ser beneficiarios de subsidios os alumnos afectados por TEA (Trastorno do espectro autista), pertencentes a familias numerosas, non incluídos no parágrafo anterior.
  3. Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para o alumnado con necesidade específica de apoio asociado a altas capacidades intelectuais.

BENEFICIARIOS

Alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que presente necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta e que se atopen cursando en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.Para obter o subsidio requirirase ser membro de familia numerosa.

REQUISITOS

Alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a discapacidade ou trastorno de conduta grave:

  • Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta acreditadas polo Equipo de Valoración e Orientación ou por un equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou polo certificado de discapacidade.
  • Ter cumpridos dous anos de idade a 31 de decembro de 2021. Poderá ser menor de 2 anos se os equipos de valoración certifican a necesidade de escolarización temperá en razón da discapacidade.
  • Estar escolarizado en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos con necesidades educativas especiais.
  • Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos: Educación Infantil ou Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais, programas destinados á obtención dunha cualificación inicial, programas de formación para a transición cara a vida adulta.
  • Ademáis, para obter o subsidio, ser membro de familia numerosa de calquera categoría.
Alumnado con necesidades educativas especiais asociadas a altas capacidades intelectuais:
  • Presentar necesidade específica de apoio educativo asociadas a alta capacidade intelectual acreditadas polo por un equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou o departamento de orientación.
  • Ter cumpridos seis anos de idade a 31 de decembro de 2022.
  • Estar cursando algún dos seguintes niveis educativos: Educación Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos de grao medio e superior, ensinanzas artísticas profesionais.

CONTÍAS MÁXIMAS DAS AXUDAS

  1. Axudas de Educación Especial:
    • Ensino: ata 862 €.
    • Transporte escolar: ata 617 €.
    • Comedor escolar: ata 574 €.
    • Residencia escolar: ata 1.795 €
    • Transporte de traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442 €.
    • Transporte urbano: ata 308 €.
    • Libros e material didáctico: ESO, Programas de Garantía Social e de Formación para a transición á vida adulta: ata 105 €.
    • Resto de niveis de ensino post-obrigatorio: ata 204 €.
    • Reeducación pedagóxica ou da linguaxe (compatibles coas anteriores): ata 913 €.
  2. Subsidios de educación especial para familias numerosas con fillos con discapacidade ou incapacitados para o traballo: poderán concederse únicamente para os conceptos de transporte e comedor polas mesmas contías sinaladas no apartado anterior.
  3. Axuda única aos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a altas capacidades intelectuais: ata 913 € para a asistencia a programas específicos.

LUGAR DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

No centro docente onde o solicitante vaia a estar matriculado no curso 2022-2023.
Poderán presentarse directamente nas Direccións Provincias do Ministerio de Educación e Ciencia cando:

  1. O solicitante non obtivera reserva de praza nun Centro da súa provincia axeitado ás súas necesidades educativas.
  2. Se solicite a axuda para un centro de provincia distinta á do seu domicilio.
  3. Se trate de solicitudes de axudas para a realización de programas específicos para alumnos con altas capacidades intelectuais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN

Ata o 30 de setembro de 2022 inclusive.

DOCUMENTACIÓN

  • Por vía telemática a través da web Trámites e servizos. De non dispoñer de sistema de firma electrónica imprimirase o documento unha vez cuberto e presentarase co resto da documentación.
  • Copia dos datos de identificación da conta bancaria onde se desexa percibir a beca (CCC).
  • Para as axudas de reeducación pedagóxica ou da linguaxe deberán acompañar:
      1. Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica. 
      2. Certificación do Inspector da zona de que o centro ao que asiste o alumno non conta con profesor de apoio para Educación especial ou logopeda.
      3. Certificación acreditativa do custo do servizo expedida polo centro ou reeducador que o preste.
    • Para as axudas aos alumnos con necesidades educativas especiais asociadas a altas capacidades intelectuais deberán acompañar:
      1. Informe específico do equipo de orientación educativa e psicopedagóxica.
      2. Certificación acreditativa do custo do servizo expedida polo centro ou institución que o preste.

    Ligazóns

    Compartir: