Inicio Carballo ao día Avisos Ti tamén podes colaborar coa Gran...

Ti tamén podes colaborar coa Gran Recollida de Alimentos que se realizará do 19 ao 25 deste mes a nivel estatal

Mércores 10 de novembro do 2021

Do 19 ao 25 deste mes levarase a cabo a Gran Recollida de Alimentos, unha iniciativa da Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL) que se vén realizando dende o ano 2014 grazas á coordinación de todos os bancos de alimentos do Estado.

Se queres colaborar podes facelo de varios xeitos. A partir do 19 de novembro poderás facer a túa doazón online, e no noso concello tamén se instalarán catro puntos de recollida noutros tantos supermercados os días 19 e 20. Dende FESBAl fan un chamamento aos veciños e veciñas que estean dispostos a ceder un pouco do seu tempo para colaborar como voluntarios e voluntarias. Se estás interesado/a só tes que chamar ao 649033084 (Cristina Pérez), onde recibirás toda a información.

Ligazóns

Compartir: