Inicio Carballo ao día Avisos "Outono termal", un programa para...

"Outono termal", un programa para pensionistas do que podes desfrutar ata o 28 de novembro

Martes 2 de novembro do 2021

Xa está en marcha o "Outono termal", un programa para a reactivación do turismo termal en Galicia posto en marcha pola Xunta e a asociación Balnearios de Galicia que se desenvolverá ata o 28 de novembro e que vai dirixido a pensionistas galegos/as ou residentes en Galicia. 

Prazas e servizos ofertados
O programa de outono ofrece 709 prazas en 12 balnearios das catro provincias (59 prazas por balneario) para gozar de estadías de 10 días/9 noites en establecementos hoteleiros con tratamentos terapéuticos baixo prescrición médica.

Os balnearios que participan na iniciativa son os seguintes:

  • A Coruña: Balneario de Carballo e Balneario de Compostela.
  • Lugo: Balneario de Lugo–Termas Romanas e Iberik Augas Santas Balneario & Golf.
  • Ourense: os de Arnoia, Laias e Gran Balneario do Carballiño (con aloxamento no Hotel Derby ou no Hotel Lorenzo).
  • Pontevedra: os balnearios Acuña (Caldas de Reis), Dávila, Caldelas de Tui, Mondariz e Termas de Cuntis.

Solicitudes

Venda directa por cada balneario (consultar dispoñiblidade chamando ao balneario elixido). 

Prezos:

  • 470 €/persoa para hoteis de 3* e superior
  • 440 €/persoa para hoteis de 2*
  • 355 €/persoa para hoteis de 1*

Compartir: