Inicio Carballo ao día Avisos Cambio de emprazamento da parada de...

Cambio de emprazamento da parada de autobús da rúa Perú

Domingo 9 de maio do 2021

Despois das obras de reurbanización realizadas na rúa Perú, a partir do luns 10 de maio a parada de autobús modifica o seu emprazamento, xa que se traslada uns poucos metros, dende as inmediacións do Parque Rego da Balsa ata a zona situada entre os cruces das rúas Estrela e Ourense.

Despois do cambio da marquesiña e da colocación da sinalización horizontal e vertical, o servizo funciona con normalidade xa na nova parada. Na antiga hai un letreiro que indica o cambio de situación e tan pronto como o tempo o permita procederase á eliminación das marcas viarias.

Compartir: