Inicio Carballo ao día Novas Xa temos gañadoras das tres viaxes da...

Xa temos gañadoras das tres viaxes da campaña “Este Nadal en Carballo”!

As afortunadas poderán desfrutar dos seus premios ao longo deste ano, cando a situación sanitaria o permita

Martes 12 de xaneiro do 2021

O sorteo celebrouse no Museo de Bergantiños

O sorteo celebrouse no Museo de Bergantiños

“Este Nadal en Carballo” tivo moitos premios! Os últimos sorteámolos hoxe no Museo de Bergantiños, nun acto no que participaron a concelleira de Normalización Lingüística, Mocidade e Festas, Maruxa Suárez Cotelo, e persoal da Concellaría de Promoción Económica,e consistiron en tres viaxes para dúas persoas cada un, con transporte e aloxamento en réxime de media pensión. E estas foron as gañadoras:

  • Viaxe a Tenerife: Laura Gerpe Rial
  • Viaxe a Gran Canaria: Estrella Quintela Ramos
  • Viaxe á Costa da Sol: Ángela Domínguez Bardanca

As compras en Carballo semellan cousa de mulleres, porque, ademais das tres premiadas, tamén o son as cinco suplentes: Rosa María Varela Pita, Raquel Cotelo Torres, Ana Álvarez Rial, Paula Pastoriza García e María Isabel Suárez Negreira, ás que se iría convocando, por esta orde, no caso de que algunha das premiadas renunciase.

A concelleira de Normalización Lingüística felicitou ás gañadoras e agradeceu a aposta da cidadanía polo comercio local, como demostra a elevada participación no sorteo. O único requisito que se pedía era presentar nos puntos de validación un tíquet de calquera establecemento local por un importe mínimo de 30 euros.

Agora hai que agardar a que a situación sanitaria permita ás afortunadas desfrutar do seu premio e que poidamos poñer un pequeno gran de area para a reactivación do sector das axencias de viaxes, un dos máis castigados pola crise do coronavirus.

Compartir: