Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Asociación de Hostalaría...

A Asociación de Hostalaría súmase á campaña “Este Nadal en Carballo” co reparto de bonos para o autocinema

As proxeccións realizaranse os días 2, 3 e 4 de xaneiro no polígono industrial de Bértoa

Mércores 30 de decembro do 2020 Carballo ao día

“Este Nadal en Carballo” convidámoste ao cinema!

Xa sabes que por calquera compra mínima de 20 euros no comercio local podes reservar unha praza paras as sesións de autocine que organiza a Concellaría de Promoción Económica para os días 2, 3 e 4 de xaneiro no polígono industrial de Bértoa; pero agora tamén podes conseguila consumindo na hostalaría local. Coa túa consumición en calquera dos establecementos que forman parte da Asociación de Hostalaría de Carballo recibirás un bono que poderás activar aquí: https://eventos.emesports.es/inscripcion/autocinema-de-nadal-de-carballo/inscripcion_datos/?lang=gl

Así que xa sabes: agora podes conseguir as túas entradas para o autocine tamén na hostalaría de Carballo!

Ademais, se tes un tíquet de compra en calquera establecemento comercial por un valor mínimo de 20 euros, preséntao no Museo de Bergantiños ou na Biblioteca Rego da Balsa e entregarémosche un boleto cun código para que poidas realizar tamén a túa reserva ata cubrir as prazas dispoñibles.

En cada sesión poderán participar 90 coches, que deberán estar ocupados exclusivamente por persoas conviventes. Ofrecemos un total de nove proxeccións. Aquí tes as datas, os títulos e os horarios.

  • Sábado 2 de xaneiro: "El Grinch" (16h), "Pérez 2" (18.10h), "Érase unha vez en Hollywood" (20.20h)
  • Domingo 3 de xaneiro: "Astérix" (16h), "Mascotas 2" (18.15h), "Parásitos" (20.30h)
  • Luns 4 de xaneiro: "Jumanji" (16h), "Corgi y las mascotas de la reina" (18.30h), "O que arde" (21h)

E lembra que se tes un tíquet por valor de 30 euros ou superior tamén podes participar no sorteo de tres viaxes. Pide o teu boleto nos puntos de validación, cúbreo cos teus datos persoais, introdúceo nas urnas que estarán situadas neses mesmos lugares e... sorte!

Vídeos

Compartir: