Inicio Carballo ao día Avisos Novas liñas de transporte público a...

Novas liñas de transporte público a partir do 23 de decembro

Martes 15 de decembro do 2020

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de comunicar ao Concello de Carballo a próxima entrada en vigor de 19 novos contratos de transporte en distintas zonas de Galicia, entre elas a comarca de Bergantiños. “Isto supón _explican_ que os veciños de Carballo gozarán de máis conexións mellor axustadas para cubrir as súas necesidades de desprazamento”.

A información sobre rutas e horarios estará dispoñible no sitio web bus.gal, ao que podes acceder máis abaixo, que contén información relativa aos servizos que entrarán en funcionamento nas vindeiras datas, con itinerarios, paradas, calendario e horarios. Así mesmo, figuran as paradas e expedicións que se prestan baixo demanda.

Ligazóns

Descargas

Compartir: