Inicio Carballo ao día Avisos Concesión de axudas á...

Concesión de axudas á conciliación da vida familiar e laboral por redución da xornada de traballo

Mércores 2 de decembro do 2020

Resolución do 24 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas previstas na Resolución do 5 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (SI440A) (DOG nº 243 do 2/12/2020)

Infórmase ás persoas beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución de que a data límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da subvención é o 17 de decembro de 2020. A falta de presentación da solicitude de pagamento/xustificación no prazo establecido levará consigo a perda do dereito ao cobramento da subvención (artigo 21.3).

documentación que se ten que presentar é a seguinte:

  1. Solicitude de pagamento (Anexo IV) da axuda concedida, na cal conste, entre outras, unha declaración complementaria e actualizada das axudas concedidas ou percibidas para a mesma actuación, así como a de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma.
  2. Folla de recollida de datos de indicadores de produtividade e resultados (no modelo dispoñible na páxina web da Secretaría Xeral da Igualdade).
Máis información
Axudas á conciliación da vida familiar e laboral para homes e fam. monoparentais que se acollan á redución de xornada

Compartir: