Inicio Carballo ao día Novas Consulta aquí toda a información...

Consulta aquí toda a información previa ao inicio da actividade da Escola de Natación 2020-21

Listaxes de admitidos/as, cambios de grupo, aprazamento da participación e baixas

Luns 28 de setembro do 2020 Deporte

Foto de arquivo dun curso de natación

Foto de arquivo dun curso de natación

A Concellaría de Deporte iniciará o 5 de outubro a actividade da Escola de Natación 2020-21. Unha vez rematado o prazo de comunicación de baixas ou aprazamentos da participación para os nenos e nenas con renovación automática por ter participado no curso 2019-20, o Concello de Carballo abre un novo prazo, ata o 22 de outubro, para solicitar o cambio de grupo asignado ou o adiamento da participación, segundo as seguintes condicións:

  • Na solicitude de cambio de grupo priorizaranse as solicitudes motivadas pola incompatibilidade co horario lectivo obrigatorio dos participantes e ca asistencia de irmáns, por esa orden, e a condición de que o cambio solicitado sexa posible atendendo ós criterios técnicos organizativos da actividade.
  • Os participantes que opten por aprazar a participación e sigan sendo abonados ás instalacións deportivas municipais terán reservada a súa praza na Escola de Natación, podendo solicitar a reincorporación no curso 2021/22.
  • As solicitudes de trocos de grupo e aprazamentos poden efectuarse vía rexistro telemático do Concello de Carballo, ó mail carballodeporte@carballo.gal ou presencialmente nas oficinas “Carballo Deporte” na rúa Vila de Corcubión S/N. 

Toda a información, así coma os apectos máis destacados do protocolo de prevención da COVID-19, poden descargarse máis abaixo.

Descargas

Compartir: