Inicio Carballo ao día Avisos Exposición pública do proxecto da...

Exposición pública do proxecto da modificación da ordenanza reguladora do Ciclo Integral da Auga

Martes 15 de setembro do 2020

O Concello de Carballo expón ao público do proxecto de modificación da Ordenanza reguladora das prestacións patrimoniais de carácter público non tributarias do Ciclo Integral da Auga, realizado como consecuencia do expediente de revisión de prezos do contrato de xestión do servizo.

O período de exposición estará aberto durante DEZ DÍAS NATURAIS, contados a partir do 15 de setembro de 2020, durante os cales os interesados poderán examinar o borrador do anteproxecto e remitir cantas aportacións ou suxerencias estimen oportunas ao enderezo electrónico servizostributarios@carballo.gal.

Descargas

Compartir: