CONSULTA AQUÍ O CALENDARIO PROVISIONAL
Previsto para o 5 de outubro o inicio do curso no Conservatorio Profesional de Música
Xoves 30 de xullo do 2020 Educación Conservatorio
O Conservatorio Profesional de Música de Carballo iniciará o curso o 5 de outubro, segundo o calendario provisional que vén de facer público o equipo directivo do centro.
O comezo da actividade lectiva será o último dunha serie de pasos que comezarán darse xa a finais de agosto coa apertura do prazo de matrícula para Iniciación Musical, que o próximo curso só contará con dous grupos de nenos/as de 7 anos como medida preventiva fronte á COVID-19.
O coronavirus tamén influirá noutros aspectos, como, por exemplo, a substitución da tradicional presentación no auditorio do Pazo da Cultura por unha circular informativa ás familias.
Os detalles e as datas previstas para as probas de recuperación, matrícula e sesións informativas previas ao comezo do curso poden consultarse no documento axunto.