Inicio Carballo ao día Novas A Policía Local incrementa a súa...

A Policía Local incrementa a súa capacidade operativa coa incorporación de cinco novos axentes

Despois de superar o seu período de prácticas, hoxe tomaron posesión os primeiros profesionais seleccionados a través do convenio coa Academia Galega de Seguridade

Venres 17 de xaneiro do 2020

Unha vez superado con éxito o seu período de prácticas, hoxe tomaron posesión cinco novos axentes da Policía Local de Carballo, os primeiros seleccionados a través do convenio asinado polo Concello coa Academia Galega de Seguridade, que xa se utilizou para cubrir as prazas de auxiliares.

O acto oficial tivo lugar na Alcaldía a última hora da mañá. Evencio Ferrero asinou os contratos cos novos axentes _David Rodríguez Rodríguez, Emilio José Capelán Martínez, Jorge Fernández Camiño, Abel López Vigo e Roberto Olivares Parga_ aos que desexou una longa carreira profesional no noso concello.

Coas incorporacións de hoxe, o equipo de profesionais da Policía Local queda formado por 25 axentes e 2 auxiliares. O concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, destacou que a idade media do corpo de seguridade se reduce dun xeito considerable, pero, sobre todo, apuntou que o incremento do persoal permitirá reforzar a presenza dos axentes nas rúas e, en consecuencia, mellorar o servizo á cidadanía.

Compartir: