Inicio Carballo ao día Avisos Consulta aquí a relación...

Consulta aquí a relación actualizada de participantes na Campaña de Inverno 2020 da Deputación da Coruña

Luns 13 de xaneiro do 2020

Tal como estaba previsto nas bases, dado que o número de solicitudes superou o de prazas dispoñibles, o luns 16 de decembro celebrouse o sorteo público das 13 prazas que lle corresponden ao Concello de Carballo para a Campaña de Inverno 2020, organizada pola Deputación Provincial da Coruña coa finalidade de iniciar na práctica do esquí aos nenos e as nenas de 11 a 15 anos.

O sorteo tivo lugar na Casa do Concello coa presenza do concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, ademais de técnicos municipais e dun grupo de nais de nenos/as solicitantes.

Os/as seleccionados/as no sorteo desfrutarán dunha estadía en Cabeza de Manzaneda na quenda comprendida entre o 7 e o 10 de febreiro. A cota de participación individual establecida pola Deputación da Coruña é de 85,00 €.

No documento axunto pode consultarse a relación actualizada de participantes tras as renuncias recibidas.

Descargas

Compartir: