Inicio Carballo ao día Avisos Visitas das unidades móbiles da ITV de...

Visitas das unidades móbiles da ITV de turismos, vehículos agrícolas e ciclomotores

Xoves 2 de xaneiro do 2020

As unidades móbiles de inspección técnica de vehículos visitarán nas vindeiras semanas o noso concello.

  • A ITV de turismos estará do 10 ao 14 de xaneiro no polígono de Bértoa, en horario de 9:00 a 13:30 e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás o 14, que só funcionará pola mañá.
  • As inspeccións de vehículos agrícolas realizaranse tamén no polígono de Bértoa os días 20 e 21 de xaneiro, cos mesmos horarios.
  • A unidade móbil de ciclomotores estará na Praza do Concello os días 18 e 19 de febreiro. Os horarios serán os mesmos.
Pódese solicitar cita previa:
  • Por teléfono: 902 30 90 00
  • A través da páxina web www.sycitv.com - Cita previa

Compartir: