Inicio Carballo ao día Avisos Datas de realización das probas para a...

Datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no 2019

Mércores 23 de outubro do 2019

Mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocáronse as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2 e 4, no ano 2019, que xa teñen datas de celebración.

  • Celga 4, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 16 de novembro de 2019.
  • Celga 2, en Santiago de Compostela e en Ponferrada: 17 de novembro de 2019.
As sedes e horarios de realización das probas, así como as listaxes de persoas admitidas para cada nivel e localidade, poden consultarse na web da Secretaría Xeral de Política Lingüística (http://www.lingua.gal). As persoas admitidas deberán presentarse 30 minutos antes da hora de inicio da proba provistas do documento que acredite a súa personalidade (DNI, NIE ou pasaporte) e mais dun bolígrafo.

Lémbrase ademais, respecto da proba oral de cada nivel Celga, que esta será posterior á proba escrita. A hora concreta en que cada persoa deberá estar presente para realizar a dita proba oral publicarase na sede correspondente unha vez que remate a proba escrita.

Compartir: