Inicio Carballo ao día Novas Afaber inicia os actos conmemorativos do...

Afaber inicia os actos conmemorativos do Día Mundial do Alzhéimer

A concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, asistiu á presentación do programa

Martes 17 de setembro do 2019 Participación veciñal

Presentación do cartel

Presentación do cartel

A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Bergantiños (Afaber) conmemora o Día Mundial do Alzhéimer, que se celebra o 21 de setembro, cunha serie de actividades que se estenderán ao longo de toda a semana. Na presentación do cartel estiveron o presidente de Afaber, Jesús Villar Antelo, e outros membros da xunta directiva, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures.

Este é o programa:

  • Martes 17 (20.15 horas, local de Afaber): Inauguración da Semana do Alzhéimer a cargo da concelleira de Igualdade e Benestar e o presidente de Afaber. A continuación, charla informativa “Medios de comunicación e demencias”, a cargo do locutor Fran Rodríguez e a xornalista Rosa Balsa.
  • Mércores 18: Excursión a Lugo
  • Xoves 19 (20.15 horas, local de Afaber): Proxección da reportaxe da TVG “Botando unha man”, sobre o centro e as actividades de Afaber.
  • Venres 20 (20.00 horas, local de Afaber): Presentación da 5ª edición do concurso de fotografía sobre o alzhéimer.
  • Sábado 21 (10.30 horas, Praza do Concello): Mesa informativa de Afaber durante toda a mañá. (21.00 horas, Pazo da Cultura): Teatro solidario “Aquí non paga ninguén”, a cargo do grupo de teatro da Asociación de Veciños San Salvador de Sofán. Os espectadores poderán colaborar, ademais, coa Cruz Vermella levando un quilo de alimentos non perecedoiros.
  • Domingo 22 (12.30 horas, Igrexa de San Xoán Bautista): Misa oficiada polo párroco de Carballo, José García Gondar. A continuación, acto de sensibilización “A memoria dos camiños”.



Galería

Compartir: