Inicio Carballo ao día Novas Arranca o proceso de selección de alumnado...

Arranca o proceso de selección de alumnado e profesorado para un novo obradoiro de emprego de carpintaría

Os/as 12 participantes nesta nova acción formativa, dirixida a persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil, construirán o mobiliario do Museo de Bergantiños

Luns 9 de setembro do 2019

Imaxe de arquivo do último obradoiro

Imaxe de arquivo do último obradoiro

O Concello de Carballo aposta unha vez máis pola formación de persoas inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil a través dun obradoiro específico que se sumará ao resto das accións formativas previstas para o curso 2019-20 no Fórum. En colaboración coa Consellería de Economía, nos vindeiros días iniciará a súa actividade un novo obradoiro para a formación de 12 alumnos/as na especialidade de carpintería.

Estes programas combinan a formación coa realización dun traballo específico, cun contrato de aprendizaxe durante seis meses, polo que os/as alumnos/as percibirán un salario durante a súa participación no obradoiro. Ademais, ao remate recibirán un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. Neste caso, o proxecto específico que levará a cabo o alumnado consistirá na fabricación e a instalación do mobiliario para o Museo de Bergantiños.

Mañá martes arrincará o proceso de selección de alumnado e profesorado segundo as bases que poden consultarse nos documentos anexos. O calendario é o seguinte:

  • Martes 10 (10.00 horas): selección do alumnado-traballador
  • Mércores 11 (09.00 horas): selección de mestre/a de carpintaría
  • Mércores 11 (10.00 horas): selección de mestre/a de ensino
  • Mércores 11 (12.00 horas): selección de director/a

Descargas

Compartir: