Inicio Carballo ao día Novas Abertos os prazos de preinscrición e...

CONSULTA AQUÍ AS DATAS

Abertos os prazos de preinscrición e matrícula na Escola Oficial de Idiomas, que segue ampliando a súa oferta formativa

O centro carballés ofrece por primeira vez cursos de conversación en francés

Mércores 4 de setembro do 2019 Cultura

A EOI ten a súa sede no Pazo da Cultura

A EOI ten a súa sede no Pazo da Cultura

A Escola Oficial de Idiomas (EOI) xa ten aberto o prazo de preinscrición para o curso que está a piques de empezar, no que, ademais, amplíase a oferta formativa con cursos de conversación en francés.

As persoas que desexen matricularse por primeira vez na EOI teñen de prazo ata o 16 deste mes para solicitar praza. O 18 de setembro poderán consultar na mesma páxina de preinscrición se foron admitidos/as, e dende ese mesmo día ata o 27 deberán formalizar a matrícula.

Os alumnos e alumnas do curso 2018-2019 que queren seguir cursando estudos deberán matricularse do 2 ao 9 de setembro se aprobaron na convocatoria de xuño, e do 9 ao 13 se estaban convocados/as para a proba en setembro.

Oferta formativa

Na Escola Oficial de Idiomas de Carballo, que ten a súa sede no Pazo da Cultura, poden estudarse tres linguas: alemán, francés e inglés. As clases teñen unha duración de dúas horas, dous días á semana.

Por primeira vez, este ano ofrécense cursos de conversación en francés dos niveis B1 e B2+ / C1 non destinados a certificar cunha proba de avaliación, senón que se intenta que o alumnado se achegue á lingua de forma oral e con actividades lúdicas e facilitadoras da conversa. O prezo destes cursos é de 1,50€ á hora e teñen unha duración de 60 horas anuais. Poden consultar a información aquí.

Compartir: