Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo mellora a seguridade na...

O Concello de Carballo mellora a seguridade na rúa Vila de Negreira coa ampliación do alumeado público

Martes 23 de xullo do 2019

Hoxe comezou a instalación de luminarias nos novos puntos de luz instalados ao longo da rúa Vila de Negreira, nun treito pendente de desenvolvemento urbanístico e que, en consecuencia, carece de beirarrúas. Co obxectivo de mellorar a seguridade peonil, xa que se trata dunha vía moi transitada non só polas persoas que residen na contorna, senón tamén polos/as usuarios/as das instalacións deportivas e dos centros educativos do Chorís, o Concello de Carballo vén de proceder á instalación dos puntos de luz precisos para garantir a iluminación da zona.

Compartir: