Inicio Carballo ao día Novas Aprobadas as convocatorias de dúas...

Aprobadas as convocatorias de dúas liñas de subvencións a entidades por importe de 68.400 euros

A Xunta de Goberno Local tamén deu o visto bo á convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais a entidades para a temporada 2019-2020

Luns 15 de xullo do 2019

O pavillón do IES Parga Pondal, que estrea pavimento, é unha das instalacións que poderán usar as entidades

O pavillón do IES Parga Pondal, que estrea pavimento, é unha das instalacións que poderán usar as entidades

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as convocatorias de tres importantes liñas de axuda ao movemento asociativo. Por unha banda foron aprobadas as bases da liña de subvencións a asociacións de empresarios e comerciantes para o desenvolvemento de actividades de promoción económica ao longo deste ano, un programa ao que se destinan 60.000 euros por parte do Concello de Carballo. Fóra da orde do día tamén saíron adiante as bases da convocatoria de subvencións para asociacións de nais e pais dos colexios e institutos, coa finalidade de apoialas na organización do seu programa de actividades cun total de 8.400 euros.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local deu o seu visto bo á convocatoria de asignación de usos das instalacións deportivas municipais a entidades para a tempada 2019-20. O obxectivo é distribuír, en función dunha serie de criterios, as horas de uso dos pavillóns, piscinas, campos de fútbol e ximnasios públicos subvencionadas ao 100% polo Concello de Carballo.

Outros asuntos

Na súa xuntanza de hoxe, o goberno municipal tamén aprobou, entre outras, as seguintes propostas:

  • Pago de facturas por un total de 86.712,80 euros
  • Compromiso de colaboración para estancia formativa de prácticas non laborais no marco do proxecto Emprural
  • Convenio de colaboración coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí para o programa Vacacións en paz 2019
  • Vaos e licenzas urbanísticas              
  • Expedientes de contratación do servizo de prestación do programa Concilia, do contrato de servizos bibliotecarios municipais e do de servizos das especialidades preventivas de vixilancia da saúde aplicada ao persoal do Concello
  • Prórroga do contrato de limpeza, desbroce e mantemento de cunetas e modificación do contrato de servizos de telefonía e rede de datos.
  • Estudo de detalle para a ordenación de volumes, axuste de rasantes interiores e ordenación do solo non edificado nunha agrupación de parcelas do polígono de Bértoa

Compartir: