Inicio Carballo ao día Avisos Ofertas de emprego da Bolsa de Traballo (BDT) do...

Ofertas de emprego da Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo

Martes 9 de xullo do 2019

A Bolsa de Traballo (BDT) do Concello de Carballo xestiona as seguintes ofertas de emprego.

  • Encofrador, oficial de 1ª, para traballar no polígono de Carballo.
  • Electricistas para traballar en España e Francia. Imprescindible ter formación profesional en electricidade ou ben un certificado de profesionalidade nesa familia profesional.
  • Encofradores e alicatadores (oficiais) para traballar en España e Francia. Valóranse os cursos de prevención de riscos laborais.
  • Instaladores de sistemas de pladur (oficiais) para traballar na provincia da Coruña. Experiencia laboral mínima de 2 anos.
  • Técnico/a contable para asesoría fiscal e asesoría laboral para Ordes e Carballo, respectivamente. Imprescindible titulación vinculada co posto e experiencia laboral.
Por outra banda, a BDT estará pechada para inscricións de demandantes dende o 15 de xullo até o 16 de agosto. As ofertas de traballo e actualizacións serán atendidas con normalidade. Desculpade as molestias.

Compartir: