Inicio Carballo ao día Avisos Axudas a ANPAS para financiar o mantemento dos...

Axudas a ANPAS para financiar o mantemento dos servizos de comedor escolar

Luns 13 de maio do 2019

Normativa
Orde do 23 de abril de 2019 pola que se establecen as bases e se convocan as axudas destinadas ao cofinanciamento dos servizos de comedor escolar xestionados polas asociacións de nais e pais do alumnado dos centros públicos non universitarios dependentes desta consellería, para o curso académico 2018/19. (DOG nº 89  do 10/5/2019) 

Obxecto
Axudas a asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais de alumnado legalmente constituídas, que xestionan os comedores escolares nos centros públicos non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparten os niveis de ensino básico obrigatorio e/ou segundo ciclo de educación infantil.

Conceptos subvencionables e axudas

    1. O custo diario do menú por comensal e polos días de asistencia destes ao comedor entendido como o servizo de comida a mediodía, así como, se é o caso, a vixilancia e coidado do alumnado durante o uso do servizo do comedor e o desenvolvemento dos programas complementarios de promoción da saúde e das habilidades persoais, durante o curso académico 2018/19.
    2. Os gastos ocasionados pola contratación por parte das asociacións, federacións ou confederacións de nais e pais do alumnado de pólizas de seguros vinculadas directamente á prestación do servizo de comedor escolar.
      As axudas poderán sufragar ata un máximo do 50% do custo do servizo de comedor do centro escolar correspondente. Para iso terase en conta o orzamento que o/a solicitante debe achegar no momento de presentar a súa solicitude (anexo II).A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público ou privado, sen que poida superar o custo da actividade que desenvolva a beneficiaria.

      Beneficiarias das axudas

      1. Asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que xestionen, directa ou indirectamente, o servizo do comedor nas instalacións dos centros escolares correspondentes. Entenderase que xestiona indirectamente o comedor escolar a entidade que teña ao seu cargo a organización deste, por algunha das formas que a seguir se enumeran:
      1. Mediante a contratación directa da prestación do servizo de forma integral, que comprenda tanto a xestión do comedor como as restantes actividades asociadas a este, ou ben a contratación separada de ambas as actividades.
      2. Mediante a encomenda integral do servizo a entidades ou empresas especializadas segundo as condicións establecidas de común acordo entre as empresas e as asociacións respectivas.
      2. Asociacións, federacións e confederacións de nais e pais de alumnado que, por careceren de instalacións axeitadas nos centros escolares, xestionen o servizo de comedor escolar nos locais hostaleiros próximos aos centros escolares, sempre e cando cumpran cos seguintes requisitos:
      1. Que existan as condicións adecuadas de seguridade viaria no desprazamento do alumnado cara ao establecemento hostaleiro.
      2. Que o local hostaleiro onde se preste o servizo de comedor escolar sexa o mesmo durante todo o curso académico 2018/19.
      3. Que o prezo diario dos menús contratados co citado local hostaleiro non supere os 6 € por comensal, incluído o IVE.
      Documentación
      • Solicitude (Anexo I) |  Presentación electrónica na sede
      • Orzamento do custo do servizo de comedor escolar (Anexo II)
      • Memoria (Anexo III)
      • Documentación acreditativa da relación contractual asinada pola entidade solicitante desta axuda e polas entidades ou persoas físicas que lle presten os servizos que son obxecto desta axuda, en que conste declaración responsable asinada polo representante legal da empresa na cal se acredite que todo o persoal contratado ou subcontratado, con contacto habitual con menores, dispón de certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.
      • A relación de asociacións de nais e pais de alumnado que formen parte da federación ou das confederacións, se é o caso, e que realicen a actividade de comedor escolar, indicando para cada centro escolar a información requirida no anexo III.
        Lugar de presentaciónPrazo de presentación
        Un mes contado a partir da publicación da orde. Ata o 10 de xuño de 2019.

        Compartir: