Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de preinscrición para os...

Aberto o prazo de preinscrición para os Campamentos Deportivos da Deputación

Sábado 4 de maio do 2019

O Concello de Carballo ten asignadas 10 prazas para os “Campamentos Deportivos 2019”, organizados pola Deputación e que se celebrará nas instalacións do Colexio Calvo Sotelo, na Coruña. Carballo participará na primeira quenda, do 30 de xuño ao 5 de xullo. A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 9 a 14 anos, cumpridos no ano 2019 e empadroados/as no municipio carballés.

O prazo de preinscrición está aberto ata o 31 de maio de 2019. Os/as interesados/as poden descargar máis abaixo a ficha de solicitude, que deberá presentarse no Rexistro Municipal. 

A cota de participacion individual establecida pola Deputación é de 85 euros, que deberán de abonar unha vez confirmada a praza.

No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, realizarase un sorteo público para adxudicalas o mércores 5 de xuño, ás 09:30 horas, na Casa do Concello.

Terán preferencia os/as solicitantes que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores.

Descargas

Compartir: