Inicio Carballo ao día Novas A Fundación Érguete...

A Fundación Érguete Integración achega a Carballo o seu servizo de orientación laboral para persoas en proceso de excarceración

O servizo funcionará os venres alternos, de 09.00 a 12.00 horas, no Pazo da Cultura

Venres 5 de abril do 2019

O servizo empezou a funcionar hoxe no Pazo da Cultura

O servizo empezou a funcionar hoxe no Pazo da Cultura

A Fundación Érguete Integración comezou a a intervir hoxe en Carballo co seu servizo de orientación laboral, que forma parte do programa Itinere e que se enmarca dentro do convenio de colaboración entre a entidade e o Servizo Galego de Saúde para o desenvolvemento de programas para a inserción sociolaboral de persoas en proceso de excarceración ou que finalizaron condena.

A atención a usuarios/as levarase a cabo venres alternos en horario de 09:00 a 12:00 na sala de lectura do Pazo da Cultura.

O servizo enmárcase dentro da necesidade que a Fundación Érguete detectou na súa intervención no Centro Penal de Teixeiro e o Centro de Inserción Social da Coruña, onde unha porcentaxe importante de persoas atendidas residía en Carballo e a súa contorna. O obxectivo é dar continuidade aos itinerarios personalizados de inserción que se deseñaron coas persoas usuarias no cumprimento da súa condena, tentando traballar dunha maneira máis integral accedendo aos recursos do entorno para así alcanzar unha inserción sociolaboral real, segundo indican dende a Fundación Érguete.

O inicio do servizo, que estará atendido polas técnicas Rosaura Romo Hernández e Ana Suárez Pérez, coincide co 20º aniversario da Fundación Érguete, que traballa desde 1999 facilitando a inserción sociolaboral aos colectivos en risco ou situación de exclusión social, e que está presidida por Carmen Avendaño.

+ información: itinere.coruna@gmail.com

Ligazóns

Compartir: