Inicio Carballo ao día Novas Asinado un novo convenio de colaboración...

Asinado un novo convenio de colaboración entre o Concello e Nissan Antamotor para o Festival Carballo Interplay

O novo concesionario do Grupo Dimolk, que abrirá as súas portas en Carballo en breve, achega dous coches que serán utilizados como vehículos oficiais do festival

Luns 1 de abril do 2019

Evencio Ferrero e Marcos Díaz Molk asinaron o convenio

Evencio Ferrero e Marcos Díaz Molk asinaron o convenio

Evencio Ferrero, en representación do Concello de Carballo, e Marcos Díaz Molk, de Nissan Antamotor, asinaron un convenio de colaboración para o V Festival Carballo Interplay. O concesionario, que proximamente abrirá as súas portas no noso concello da man do Grupo Dimolk, achegará dous coches que serán utilizados como vehículos oficiais do festival entre os días 2 e 8 deste mes de abril.

Nissan Antamotor xa viña colaborando co CIP nos últimos anos, pero esta é a primeira vez que o fai dende que a familia carballesa Díaz Molk se fixo coa marca. Nos vindeiros meses empezará a operar en Carballo, xunto ás instalacións de Dimolk, unha empresa local en continuo crecemento que se inicia agora na experiencia multimarca disposta a afrontar retos actuais do sector da automoción coma a mobilidade e a transición cara o vehículo eléctrico.

Compartir: