Inicio Carballo ao día Novas Carballo por Etapas mantense fiel á...

Carballo por Etapas mantense fiel á súa cita da última fin de semana de maio e a primeira de xuño

O Museo de Bergantiños acolleu a primeira toma de contacto entre os/as empresarios/as de hostalaría interesados/as en participar

Venres 22 de febreiro do 2019

A xuntanza celebrouse onte no Museo de Bergantiños

A xuntanza celebrouse onte no Museo de Bergantiños

Xa está en marcha a sétima edición de Carballo por Etapas, a ruta de tapas que organiza o Concello de Carballo coa participación e a implicación de Axober e de numerosos establecementos de hostalaría. Algúns deles estiveron representados na primeira xuntanza para preparar a cita deste 2019, que se celebrou este xoves no Museo de Bergantiños.

Aínda que se abordaron distintos aspectos relacionados coa organización, como o tipo de produtos, o número de tapas ou os horarios, a única decisión adoptada polo momento ten que ver co calendario. Os/as participantes en Carballo por Etapas optan pola continuidade, de maneira que a ruta de tapas celebrarase a última fin de semana de maio (días 24, 25 e 26) e a seguinte (31 de maio, 1 e 2 de xuño).

Nas vindeiras xuntanzas concretaranse os restantes aspectos e tamén o número de participantes, xa que proximamente abrirase un prazo para que os establecementos interesados formalicen a súa inscrición. Para máis información, os/as interesados/as poden poñerse en contacto coa Oficina de Turismo do Concello de Carballo a través do número 981 702 077. Moi pronto teremos máis novidades. Seguide atentos/as!

Compartir: