Inicio Carballo ao día Avisos Un carril da rúa Vázquez de Parga...

Un carril da rúa Vázquez de Parga estará cortado ao tráfico a partir do luns por obras

Venres 11 de xaneiro do 2019

As obras de renovación dos servizos urbanísticos e as beirarrúas na rúa Laracha obrigarán a cortar ao tráfico a partir do luns o carril da dereita da rúa Vázquez de Parga, en dirección á avenida Ponte da Pedra. Segundo informou a Policía Local, está previsto que o corte se prolongue durante tres días, durante os cales estarán habilitados os outros dous carrís que ten a Vázquez de Parga nese treito.

Desculpade as molestias

Compartir: