Inicio Carballo ao día Novas O alcalde firma o contrato de servizos de aluguer...

O alcalde firma o contrato de servizos de aluguer de pala e camión, o primeiro do ano 2019

O ano pasado foron asinados máis de corenta contratos de obras e servizos

Mércores 2 de xaneiro do 2019

O contrato asinado hoxe terá unha vixencia de 4 anos

O contrato asinado hoxe terá unha vixencia de 4 anos

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinou hoxe o primeiro contrato do ano 2019, que fai referencia aos servizos de aluguer de pala e camión con condutor para diversos departamentos municipais.

O contrato, que terá unha vixencia de 4 anos con posibilidade de prórroga por un máis, será prestado pola UTE formada por Eliseo Fraga Arijón e María de los Ángeles Méndez Vázquez. O Concello de Carballo pagará 34 euros (sen IVE) por hora de pala e 39 euros (tamén sen IVE) por hora de camión. O custo anual estimado é de 146.000 euros por un total de 4.000 horas.

Evencio Ferrero asinou o ano pasado máis de corenta contratos de obras e servizos, aos que habería que engadir os contratos menores, que, polas súas características, non levan aparellado o acto formal da sinatura.

Compartir: