Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Casino de Carballo celebrará a Semana...

Conferencias, proxeccións e mesas abertas integrarán, do 10 ao 14 de decembro, o programa aberto ao público

O Casino de Carballo celebrará a Semana sen Fronteiras para dar a coñecer a realidade das persoas refuxiadas

Luns 26 de novembro do 2018 Carballo ao día

O Concello de Carballo colabora coa asociación Casino 1889 na Semana sen Fronteiras, unha iniciativa que trata de chamar a atención e dar a coñecer a realidade das persoas refuxiadas en todo o mundo. Despois dunha serie de actividades previas, do 10 ao 14 de decembro desenvolveranse unhas xornadas que inclúen conferencias, proxeccións e mesas abertas. As actividades levaranse a cabo na sede do Casino, pola mañá para o alumnado de secundaria e pola tarde para o público en xeral.

Paralelamente levaranse a cabo un concurso de micro-relatos (podedes descargar as bases ao final da nova) e un mercadiño solidario para recadar fondos con destino ás ONGs participantes, e, por último, o 28 de decembro celebrarase o acto de clausura de todo o programa con varios concertos.

O Casino 1889 presenta a Semana sen Fronteiras "coma unha iniciativa que nace a nivel local con aspiracións de continuidade, para mostrar ao público unha realidade tan dura como complexa, desde diferentes perspectivas. Desde a nosa vila desexamos espallar por toda a Galiza esta iniciativa, queremos sentar as bases dun movemento de solidariedade coas persoasrefuxiadas, que Carballo se convirta no referente de poboación comprometida", expoñen.

PROGRAMA

1º día: AS PERSOAS e OS DD.HH

  • DÍA INTERNACIONAL DOS DD.HH.: Amnistía Internacional
  • Programa radiofónico sobre migrantes en CUAC FM “Simplemente gente”
  • Proxección de “Katsikas, ecos de un éxodo” e reflexión co director, Rodrigo Vázquez “Harry” 
  • Unha historia real: cruzando países e fronteiras
  • Mesa faladoiro
2º día: FRONTEIRAS: SÁHARA - SIRIA – BALCÁNS - LÍBANO
  • ONG “Aire” – Sáhara e Grecia
  • ONG “Acción Norte”  Balcáns e Grecia
  • ONG “Pallasos en Rebeldía” ao redor do mundo
  • ONG “Sos Racismo” externalización das fronteiras
  • Vídeos e experiencias
  • Mesa faladoiro 
3º día: ESPAÑA
  • “RefuCoruña”: A acollida
  • “Acampa”: A rede
  • “Ecos do Sur”: Odio na rede
  • “Entreculturas”: Traballar en varios continentes
  • Mesa faladoiro
4º día: ARTE COMPROMETIDA
  • Presentación do libro “Stop” de Elerre co escritor e editora
  • Ilustracións en directo con Bruno e Laura Tova
  • Premio escolar
  • Canción denuncia en apoio ás persoas refuxiadas
  • De libros e obras
  • Mesa faladoiro
5º día:  OS ROHINGYAS: APÁTRIDAS: O MAIOR CAMPO DE PERSOAS REFUXIADAS DO MUNDO
  • Entrega de premios do concurso de micro-relatos “Contos sen fronteiras”
  • Médicos sin fronteras
  • Mesa faladoiro

Descargas



Galería

Compartir: