Inicio Carballo ao día Hemeroteca Volve Expo Voda coa participación de 35...

Volve Expo Voda coa participación de 35 empresas e un potente programa de actividades paralelas

O salón de cerimonias organizado polo CCA celebrarase os días 10 e 11 de novembro no Mercado Municipal

Luns 5 de novembro do 2018 Carballo ao día

Carmen Freire, Jorge Cambón, Evencio Ferrero e Ricardo Pallas, na presentación de hoxe

Carmen Freire, Jorge Cambón, Evencio Ferrero e Ricardo Pallas, na presentación de hoxe

A planta superior do Mercado Municipal abrirá as súas portas a vindeira fin de semana para converterse o escenario dunha das citas con máis glamur do ano: Expo Voda. O Salón de Vodas, Comuñóns e Celebracións, organizado polo Centro Comercial Aberto (CCA) coa colaboración do Concello de Carballo, celebra o seu sexto aniversario cun “potente” programa de actividades paralelas, como o definiu Jorge Cambón, tesoureiro do CCA, no acto de presentación, e coa participación de 35 empresas que che farán moito máis doada a organización de calquera evento social. Comuñón, regalo, fotografía, beleza, banquetes, animación, madriñas e padriños, viaxes, xoiería, seguros, discotecas móbiles... e, por suposto, noivos e noivas terán o seu espazo para que non quede nada ao azar.

Expo Voda comezará o sábado 10 ás 11.00 horas e poderá visitarse durante toda a fin de semana en horario de 11.00 a 14.30 e de 16.30 a 20.00. Por segundo ano consecutivo, a entrada será de balde. E ademais de non ter que pagar, o público poderá participar no sorteo de dúas fines de semana en parella e beneficiarse dos descontos que ofrecerán todas as empresas durante a feira, un motivo máis para que, como indicaron tanto Jorge Cambón coma Ricardo Pallas, presidente do CCA, as persoas que estean preparando algunha cerimonia se acheguen ata o Mercado Municipal.

Entre as actividades programadas para este ano figura exhibicións de danza polinesia (sábado ás 17.30 e domingo ás 17.30 e 19.00 horas), recreacións dunha voda civil (sábado e domingo ás 18.00 horas) e degustacións (sábado e domingo ás 18.30 horas). Cada día antes do peche celebrarase o sorteo dunha fin de semana en parella, un premio que, como apuntou a xerente do CCA, Mari Carmen Freire, os gañadores do ano pasado desfrutaron moito.

Os representantes do CCA estiveron acompañados na presentación de Expo Voda polo alcalde, Evencio Ferrero,  que destacou a vitalidade e a iniciativa do empresariado carballés, así coma a súa capacidade para organizar eventos de éxito, como reflicte o feito de que “o público asiste, as empresas sácanlle rendibilidade e o evento repítese ano tras ano”.

Stands

CCA Carballo, Marián Riestra, Moll Estrada, Bodorrio, The Louro Studio, Silvia Picouto (Thermomix), Suunia Viaje, Mundiviajes, Alfombra Roja Zapatos, Lorena Sixto Peluquería, Alonso Moda, Alquileres Reneymar, Sastrería Miguel, Restaurante Aldeola, Galimusic, D Musik, Taracido Moda Infantil, Anim-Art, Kyrie, Cuatrofotos (fotomatón), Retrátate (fotomatón), Dime si quiero Fotografía, O Recreo Animación, Divirtt Animación, Joyería Regueira, Cáncaro Florería, Eventos Galicia (DJ), Ermitas Rielo Beleza, Costa Caión, Mmmm Xeados!, Bombonería Praliné, Cabliseña, JGCAR, Adeslas e Esther Rey Asesoramento Nupcial.

Agradecementos

A xunta directiva do CCA quixo expresar o seu agradecemento “ás administracións que colaboran na financiación do evento: Xunta de Galicia, Deputación da Coruña e Concello de Carballo, e a todas as persoas que desinteresadamente aportan a súa axuda”, ademais de destacar as achegas de Floristería Cáncaro, que decorará e ambientará a voda civil; Mmmm Xeados! Pola degustación, Galimusic pola ambientación musical e a megafonía, JGCAR, os casamenteiros Dani e Fran Rodríguez, Peluquería Beni, “e por suposto aos nosos modelos: Fina, Anabel, Iván e Suso”.



Galería

Compartir: