Inicio Carballo ao día Avisos Comeza a venda de bonos do FIOT para o...

Comeza a venda de bonos do FIOT para o público en xeral e a reserva de entradas

Sábado 15 de setembro do 2018

Se non queres perderte os espectáculos do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) toma nota!

  • Venda de bonos: do 17 ao 24 de setembro para socios/as da Asociación Cultural Telón de Aparte e a partir do 25 para o público en xeral. Os/as abonados/as tamén poden adquirir a partir do luns 17 as entradas soltas só para o espectáculo Somos criminais.
  • Reserva de entradas: a partir do 25 de setembro e ata o día antes de cada función.
  • Venda de entradas: na billeteira do Pazo da Cultura nos 90 minutos previos ao inicio da representación para os espectáculos de sala, e para os que se realicen en locais de hostalaría, nos propios establecementos a partir do 21 de setembro.

VENDA DE ENTRADAS EN INTERNET

  • Na plataforma www.ticketea.com
  • Na web oficial do festival: www.fiot.gal
  • Na páxina de Facebook www.facebook.com/festivalinternacionaloutonodeteatro

VENDA ANTICIPADA POR TELÉFONO

  • Chamando ao número 902 044 226

Compartir: