Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de inscrición para...

Aberto o prazo de inscrición para participar no "Mercadillo infantil" que organiza o CCA

Venres 14 de setembro do 2018

O Centro Comercial Aberto Carballo organiza un mercadillo para os días 22 e 23 de setembro. Desenvolverase de 10:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:00 horas, tanto o sábado coma o domingo. A actividade pretende dar saída aos produtos excedentes de campaña e terá lugar no segundo andar do mercado municipal. 22 stands participarán no evento, 20 deles ocupados por comerciantes carballeses. No mercadillo atoparemos produtos dos sectores máis variados: moda muller, home, infantil, puericultura, deporte, calzado, regalo, decoración, complementos, moda íntima…

E demais haberá un mercadillo infantil. A organización pon un espazo a disposición do público infantil para que poida expoñer os seus propios artigos: pulseiras, chaveiros, produtos artesán… O mercadillo infantil celebrarase en xornada de tarde e os/as rapaces/as interesados deberán inscribirse ata o xoves, día 20 de setembro, antes ds 20:00 horas. Para inscricións ou información poden acudir á sede social do CCA Carballo, na rúa Fomento 21-23, 1º andar, chaman ao teléfono 981 701 613 ou contactar a través de info@ccacarballo.com.

Compartir: