Inicio Carballo ao día Avisos Abertos os prazos de preinscrición e...

Abertos os prazos de preinscrición e matrícula na Escola Oficial de Idiomas de Carballo

Martes 4 de setembro do 2018

Xa están abertos os prazos de preinscrición e matrícula na Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Carballo.

  • Do 3 ao 16 de setembro para o alumnado que non estivo matriculado na EOI o curso pasado. As persoas que desexen facer proba de clasificación para acceder deben inscribirse do 3 o 7 de setembro. A adxudicación das prazas farase pública o día 18, e desde ese mesmo día ata o 28 estará aberto o prazo de matrícula.
  • Do 3 ao 10 de setembro, prazo de matrícula para o alumnado que resultou apto en xuño.
  • Do 10 ao 14 de setembro, prazo de matrícula para o alumnado apto, non apto ou non presentado en setembro.
Todos os trámites poden realizarse a través da páxina web da EOI, na que tamén figura toda a información necesaria, a oferta horaria, calendarios, plans de estudos... En datas próximas abrirase un período extraordinario de matrícula para as prazas que resulten vacantes, se é o caso.

Ligazóns

Compartir: