Inicio Carballo ao día Avisos Consulta aquí as listaxes actualizadas de...

Consulta aquí as listaxes actualizadas de nenos/as insritos/as nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal

Venres 22 de xuño do 2018

Nos documentos adxuntos podes consultar as listaxes de nenos e nenas inscritos/as nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal, tanto para o verán coma para o curso escolar.

Os obradoiros de verán desenvolveranse de 10.30 a 12.00 horas do 2 ao 31 xullo en tres quendas:

  • Luns e xoves
  • Martes e venres
  • Mércores (4º de Educación Infantil)
Ao longo do curso escolar os obradoiros desenvolveranse de luns a venres de 17.30 a 19.00 horas do 17 de setembro ao 14 de xuño en tres quendas:
  • Luns e xoves
  • Martes e venres
  • Mércores (4º de Educación Infantil)
Aínda quedan prazas nos grupos de martes-venres e dos mércores para os nenos/as de 4º de Infantil, tanto para o verán coma para o curso escolar. Se estades interesados/as podedes poñervos en contacto coa Oficina de Promoción Económica a través do correo electrónico paulalema@carballo.gal ou do número de teléfono 981 709 012.


Descargas

Compartir: