Inicio Carballo ao día Avisos Campaña promocional do Centro Comercial...

Campaña promocional do Centro Comercial Aberto

Sábado 16 de xuño do 2018

O CCA Carballo ten en marcha unha campaña promocional que se desenvolverá entre os días 1 e 30 de xuño. Durante este período, a clientela que realice compras superiores a 10 € nos establecementos adheridos obterán as tarxetas que deberán encher con 4 selos de distintos establecementos asociados e que lle permitirá conseguir, previo abono de 2 euros, unha taza exclusiva de Carballo, ademais de participar no sorteo de 1.000 euros en compras que se realizará o 5 de xullo.

Compartir: