Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de solicitude das...

Aberto o prazo de solicitude das subvencións anuais para o fomento da actividade deportiva

Venres 1 de xuño do 2018

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o 1 de xuño a convocatoria de subvencións realizada polo Concello de Carballo para financiar proxectos de actividade deportiva para 2018. O prazo rematará o 21 de xuño.

O Concello de Carballo subvencionará tres liñas de actividade -eventos deportivos, fases de ascenso e actividade xeral das entidades- ata un total de 109.000 euros. 

Os formularios e as bases poden obterse nas oficiñas da área de deporte do Concello de Carballo ou descargarse ao final desta mesma nova.

Descargas

Compartir: