Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de inscrición para o...

Aberto o prazo de inscrición para o Concurso de Cachelas e o Descenso do Anllóns, dúas das actividades estrela do San Xoán

Mércores 30 de maio do 2018

Xa está aberto o prazo de inscrición tanto para o Concurso de Cachelas, que se celebrará o 23 de xuño, coma para o Descenso do Anllóns, que terá lugar o día 25. As dúas actividades forman parte da tradición das Festas de San Xoán.

O prazo para anotarse está aberto ata o día 21 de xuño na Biblioteca Rego da Balsa (tfno. 981 758 580).

Nos documentos adxuntos poden consultarse as bases.

Descargas

Compartir: