Inicio Carballo ao día Novas Reunión de seguridade de cara á...

Reunión de seguridade de cara á participación do Bergantiños FC na fase de ascenso a Segunda División B

O equipo carballés terá como primeiro rival ao navarro Club Atlético Cirbonero

Mércores 16 de maio do 2018 Deporte

A reunión celebrouse hoxe pola mañá na sala de xuntas do Concello de Carballo

A reunión celebrouse hoxe pola mañá na sala de xuntas do Concello de Carballo

Garda Civil, Policía Local, Protección Civil, Bergantiños FC e responsables das concellarías de Deportes e Seguridade Cidadá estiveron representados na reunión para preparar o dispositivo de seguridade de cara á participación do equipo carballés na fase de ascenso a Segunda B.

O obxectivo da xuntanza, que tivo lugar pola mañá na casa consistorial e foi presidida pola concelleira Milagros Lantes, foi establecer as medidas precisas tanto para facilitar o acceso e o aparcamento como para garantir a seguridade no campo municipal das Eiroas.

O primeiro rival do Bergantiños será o Club Atlético Cirbonero, da localidade navarrra de Cintruénigo. O partido de ida xogarase esta fin de semana en terras navarras e o de volta será o 27 de maio en Carballo.

Compartir: