Inicio Carballo ao día Avisos Programa de Respiro Familiar 2018 no Centro de...

Programa de Respiro Familiar 2018 no Centro de Referencia Estatal de Enfermidades Raras

Domingo 4 de febreiro do 2018

¿Que é o Programa de Respiro Familiar CREER?
E un servizo de estadías temporais, en réxime residencial de 12 días de duración, para persoas afectadas por unha enfermidade rara co obxectivo de servir de soporte ás familias en tarefas de atención e coidado, permitíndolles desenvolver unha vida familiar e social satisfactoria así como mellorar a súa calidade de vida.

¿A quen vai dirixido?
Ás familias e/ou coidadores/as de persoas afectadas por enfermidades raras que necesiten un servizo de apoio nas tarefas de coidado por razóns de sobrecarga física ou psíquica que comprometan a calidade de vida familiar, froito da adicación continuada.

¿Que ofrece ás persoas afectadas por enfermidades raras?
A posibilidade de recibir unha atención personalizada e poder participar en actividades de ocio e tempo libre, adaptadas ás necesidades individuais, de carácter lúdico-recreativo cultural, nun espazo común de convivencia que favoreza experiencias de autocoñecemento e crecemento persoal.

¿Que persoas poden participar?
O programa vai destinado a nenos/as, mozos e mozas ou persoas adultas afectadas por unha enfermidade rara a partir dos 6 anos de idade. Poderán acudir sós ou acompañados por unha persoa de apoio se é necesario. Existirá un total de 20 prazas por cada unha das quendas.

¿Onde se desenvolverá?
Os programas de Respiro Familiar desenvolveranse en Burgos, nas instalacións do CRE de Atención a Persoas con Enfermidades Raras e as súas Familias, onde se ofrecerá unha estadía en réxime de atención residencial.

Datas e idades:
1ª quenda: do 2 ao 13 de xullo. De 6 a 12 anos.
2ª quenda: do 16 de xullo ao 27 xullo. De 13 a 17 anos
3ª quenda: do 30 de xullo ao 10 de agosto. De 18 a 25 anos.
4ª quenda: Do 13 ao 24 de agosto. De 26 a 39 anos.
5ª quenda: Do 27 de agosto ao 7 de setembro. A partir de 40 anos.

Documentación:

  • Solicitude de admisión
  • Informe médico actualizado no que conste o diagnóstico.
  • Informe Médico de Atención Primaria onde se especifique que non padece enfermidade transmisible en fase activa e que non necesita atención médica cualificada de forma continuada en institucións hospitalarias.
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  • Fotocopia do DNI do/da solicitante ou do seu representante ou titor/a cuando sexa menor de idade.
  • Sentencia xudicial de incapacitación legal, nos casos de maiores de idade ou menores, que carezan de capacidade de obrar.
Prazo de presentación das solicitudes
Do 12 de febreiro ao 9 de marzo de 2018.
Lugar Centro de Referencia Estatal de Atención a Persoas con Enfermidades Raras (C.R.E.E.R.) R/ Bernardino Obregón, nº 24, C.P. 09001 BurgosTel: 947 253 950 | Fax: 947 253 987 | info@creenfermedadesraras.escreenfermedadesraras@imserso.es | www.creenfermedadesraras.es

+ info: Servizos Sociais de Carballo (antigo ambulatorio)

Ligazóns

Compartir: