Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo para participar no programa piloto...

Aberto o prazo para participar no programa piloto de vermicompostaxe, que arrancará en xaneiro

Xoves 28 de decembro do 2017

Despois do éxito acadado co programa de compostaxe doméstica, o Concello de Carballo vai un paso máis alá coa posta en marcha, coa colaboración de Sogama, dunha experiencia piloto de vermicompostaxe, un proceso no que as lombrigas de terra desenvolven un papel fundamental ao inxerir a materia orgánica subministrada e excretala en forma de humus, que é un fertilizante excepcional.

Nesta fase implantaremos 22 vermicomposteiros. O proceso correrá a cargo da empresa especializada Ecocelta, que leva a asistencia técnica do programa no que participan Sogama e o Concello. As familias que queiran sumarse poden descargar o formulario adxunto e entregalo no Concello de Carballo. O vermicomposteiro e a formación para o seu uso ofreceranse de xeito gratuíto.

Descargas

Compartir: