Inicio Carballo ao día Novas A Banda Infantil do CMUS debutou no concerto de...

A Banda Infantil do CMUS debutou no concerto de peche de Novembro con Música

Rafael Espido Lata é o director da nova formación, integrada por nenos/as de 10 e 11 anos

Domingo 3 de decembro do 2017 Educación Conservatorio

Banda Infantil do CMUS

Banda Infantil do CMUS

O sábado foi día de estrea para o Conservatorio Profesional de Música de Carballo, porque, despois de só dous meses de ensaios, a Banda Infantil realizou o seu debut no concerto de peche do ciclo Novembro con Música e colleitou o seu primeiro éxito ante un auditorio practicamente cheo. Rafael Espido Lata é o director dun conxunto moi prometedor, integrado por nenos e nenas de 10 e 11 anos, aínda que pronto podería haber incorporacións de cursos inferiores. No seu primeiro concerto interpretaron tres pezas que encheron de animación e aplausos o Pazo da Cultura.

Na Banda de Música Municipal, que actuou a continuación, tamén hai caras novas. Rafael Espido presentou a seis novas/os integrantes dunha formación que, despois de 33 anos de historia, vén de iniciar unha ilusionante etapa na que que destacan a renovación e a xuventude. E aproveitou a ocasión para lembrar que as agrupacións do CMUS terán unha nova cita co público este Nadal.



Galería

Compartir: