Inicio Carballo ao día Avisos As persoas usuarias de garaxes no edificio O...

As persoas usuarias de garaxes no edificio O Cedro terán un acceso habilitado durante as festas

Luns 19 de xuño do 2017

A Policía Local de Carballo habilitará un acceso para as persoas usuarias de garaxe no edificio O Cedro, situado na rúa Desiderio Varela, coa finalidade de que poidan entrar e saír cos seus vehículos durante as Festas de San Xoán. Esta medida estará vixente entre os días 20 a 27 de xuño, durante os cales as persoas que necesiten entrar e saír cos seus vehículos poderán facelo dende a rúa Gran Vía. Desde o Concello de Carballo pedimos desculpas polas molestias que se poidan causar.

Compartir: