Inicio Carballo ao día Novas Carballo presume de recursos turísticos en...

Carballo presume de recursos turísticos en Expocidades

A Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico celébrase dende onte ata o sábado na localidade portuguesa de Vila Real

Venres 16 de xuño do 2017

Carballo non podía faltar en Expocidades, e non só por ser un dos concellos membros do Eixo Atlántico, organizador da feira, senón porque queremos aproveitar os mellores escaparates para os nosos recursos turísticos, e este é un deles. Expocidades, de feito, naceu como unha microfeira e como un medio para promocionar o turismo de proximidade. Deste xeito, non só se dan a coñecer os destinos no seu mercado máis próximo, senón que tamén é unha oportunidade para establecer unha relación directa entre produtores turísticos e comercializadores.

A Mostra Turística das Cidades do Eixo Atlántico foi inaugurada onte na localidade portuguesa de Vila Real e permanecerá aberta ata mañá sábado. No stand de Carballo podemos atopar todo tipo de material relacionado coas nosas fortalezas turísticas máis consolidades, como as augas termais, o surf, a gastronomía ou as feiras, senón tamén con outras que empezan a situarnos no mapa internacional, como o festival de arte pública Rexenera Fest ou o festival de contidos dixitais Carballo Interplay.

Ligazóns

Compartir: