Inicio Carballo ao día Novas O Concello de Carballo agradece as numerosas...

O Concello de Carballo agradece as numerosas mostras de solidariedade recibidas tras o pasamento do policía José Luis Garea

Luns 22 de maio do 2017

Dende o Concello de Carballo agradecemos publicamente as numerosas mostras de apoio, afecto e solidariedade recibidas tras o tráxico suceso que se cobrou a vida do noso axente da Policía Local José Luis Garea Vales na madrugada do sábado, cando se atopaba en acto de servizo. Tal como manifestou unanimemente a corporación municipal na sesión extraordinaria e urxente celebrada o sábado, o Concello de Carballo exercerá as medidas xudiciais oportunas para a defensa e honores do policía falecido. 

[Foto da portada: La Voz de Galicia]

Compartir: